O vindeiro sábado 27 de xuño, organizado por Ceivar, tocaremos xunto aos Uñazo no bar Chimarrao de Ferrolgrado. Antes do concerto, ás 21 horas, celebraráse unha chourizada.
O concerto, previsto incialmente para Barcelona, traslada a segunda xornada a Sabadell. Así que os Mencer Vermello tocaremos este sábado día 30 de maio en "La Sala" de Sabadell. O cartaz final queda da seguinte maneira:
O vindeiro sábado 23 de maio achegarémonos a Lugo para participar nunha xornada en defensa do parque Rosalía da cidade das murallas. Tocaremos xunto a Ataque Escampe e os locais Kimuru.
Lembrar tamén que o día 30 estaremos en Sabadell no Combat Rock 09. Ler máis...
RESISTIR
Deixámovos aquí un dos novos temas tocado ao vivo.
Combater é o noso lema, resistir e renderse xamais!!!
Este sábado día 18 de abril achegarémonos Á Coruña para participar nunha xornada antirrepresiva. O concerto está previsto para as 21:30 horas na Casa das Atochas. Compartiremos escenario con Uñazoe entrada custará 5 euros que serán destinados a unha boa causa...agardamos a vosa presenza!!! O 30 DE MAIO ESTAREMOS EN BARCELONA NO BARNA COMBAT ROCK 2009... Ler máis...
MYSPACE MENCER VERMELLO
Desde fai uns días dispoñemos dun myspace oficial do grupo.
NON NOS IREMOS Tawfig Az-Zayad.Poeta Palestino. Música: Mencer Vermello
Aquí enriba dos vosos peitos persistimos coma unha muralla. Os vosos ollos, cascos de vidro; e os corazóns, tempestade de lume.
Aquí enriba dos vosos peitos famentos, espidos, provocadores. Somos os gardas da sombra das laranxeiras e oliveiras.
Aquí enriba dos vosos peitos persistimos coma unha muralla. Os nosos nervios son de xeo e os corazóns despiden lume.
Cando teñamos sede espremeremos as pedras, Cando teñamos fame comeremos a terra, Pero non nos iremos, pero non seremos avaros do noso sangue, avaras do noso sangue.
Aquí temos un pasado, aquí temos un presente, Aquí esta o noso futuro: Palestina. Palestina vencerá!!!
Hai feridas que nin o tempo pode pechar, como a que fai un ano abriuse nos nosos corazóns, cando o noso irmán, amigo e compañeiro Carlos, foi asasinado por un militar neonazi cando acudía a loitar contra o racismo. Desde entón, do mesmo xeito que algo no noso interior morreu tamén aquel día, naceu un forte sentimento de reafirmación total e inacababel, para loitar ata morrer con todas as nosas forzas contra o fascismo e as inxustizas.
Así deste xeito, o antifascismo madrileño está máis unido e organizado que nunca. Basta con observar como todos os días 11, non faltan flores novas no lugar onde caeu o noso compañeiro. Do mesmo xeito, grupos antifascistas homenaxeáronlle cada día 11, atacando as sedes, os símbolos, e a l@s cómplices que se mancharon as mans co sangue valente de Carlos.
Manifestación Antifascista: Carlos, irmán, nosoutr@s non esquecemos. 1 ano sen tí. Así, grupos políticos como Democracia Nazi-onal, que foron quen convocaron a manifestación racista á que acudía Josue Estébanez de la Hija, quen asasinou ao noso irmán cando acudía a impedir tal acto impermisibel, así como todas as agrupacións de extrema dereita, recibiron unha resposta contundente cada vez que ousaron volver dar un paso nunhas rúas que deben estar vetadas para el@s. E nin o lugar, nin o escaso tempo de antelación co que anunciaron os seus actos (ás veces con tan só un día), nin as súas tretas, nin os despregamentos policiais, foron capaces de evitar que a rabia antifascista responda sempre.
Carlos, un mozo de 16 anos, unha mañá de domingo decidiu que non valía quedar en casa, cando na rúa había algo que o seu deber moral obrigáballe a facer. Por iso, agora máis que nunca debemos honrarlle seguindo o seu exemplo, saíndo á rúa avivando a chama da loita.
Deixando ben claro que nunca conseguiron nin conseguirán matalo, pois o seu corazón latexa con forza en todos nos. E que cada vez que salgan á rúa, aí de fronte atopáranse con nosoutr@s, decididos, imparables, e dispost@s a todo, para acabar co fascismo dunha vez por todas.
Porque aquel fatídico 11 de novembro tocaron teito, porque teñen que agocharse como as ratas que son, desde aquel día triste.
Agora é o momento, e é deber de tod@s, saír á rúa a combater contra o fascismo sen pedir nin dar cuartel. Porque contra os nazis non hai tregua.
Carlos, prometémosche alí onde esteas que non pararemos de loitar ata o último alento, e que o teu rostro contemplase riseiro como Madrid é e será a tumba do fascismo.
Por fin, e tras un pequeno atraso de imprenta, o CD xa está na rúa. A edición correu a cargo de Mai Morirem e RedStar73 que fixeron un estupendo traballo. Sae á venda en formato digipack, con libreto de 12 páxinas a toda cor e ao prezo de 10 euros.
O título que eliximos é КРАСНЫЙ РАССВЕТ, é dicir, Mencer Vermello en ruso, e claro, preguntarédesvos, por que en ruso?Pareceunos interesante pola sinxela razón de facerlle un chisco a unha parte do mundo que iluminou durante décadas o pensamento e a dirección do movemento comunista internacional. É a nosa modesta homenaxe ao primeiro Estado Socialista da Historia: a Unión Soviética.
Incluímos dez temas cargados de rabia, forza e contundencia seguindo o noso propio estilo: temas rápidos combinados con temas a medio tempo cunha boa melodía e unha potente agresividade nas voces. Un bo son e un bo reflexo do que facemos en directo, nin máis nin menos.
A continuación facémosvos un pequeno comentario sobre os temas que gravamos nos estudos Treboada (A Coruña):
01-Contrarrevolucións de veludo: Canción que fala sobre os acontecementos que precederon á “caída” do muro contra o fascismo, e a posterior desintegración da URSS e o bloque socialista, da colaboración da calaña revisionista na sabotaxe permanente ao servizo do imperialismo e da reacción mundial.
02-Semente de Vencer: A loita do pobo galego, co proletariado á fronte, pola independencia nacional e o socialismo. Pola ruptura deste cárcere de pobos que é o estado imperialista español, por unha República Popular Socialista Galega.
03-Golpe Final: Nestes tempos é necesario recordar unha vez máis a quen deu a cara contra o fascismo, a quen o combateu a vida ou morte, a millóns de asasinados que viron por fin cumprida a súa vinganza coa derrota e capitulación de Berlín, coa morte covarde de Hitler que preferiu suicidarse antes que enfrontarse aos pelotóns de fusilamento soviéticos ou de sufrir o mesmo destino que o do seu antigo camarada Mussolini, colgado polos pés e exhibido ante o pobo.
04-Ollo por ollo: A loita é o único camiño posible para a clase traballadora e os pobos oprimidos, avivemo-las barricadas, devolvamos tódolos golpes.
05-Soldados da Historia: Homenaxe á heroica guerrilla antifascista. As mulleres e homes que loitaron e entregaron o seu sangue, sempre serán recordados.
06-Samesugas: Simplemente unha declaración de guerra contra os explotadores, contra a burguesía, contra os inimigos do pobo.
07-Non nos iremos: Baseado nun poema do palestino Tawfig Az-Zayad. O título o di todo: un pobo que non se resigna ao exterminio, un pobo que loita con tódolos medios ao seu alcance por acada-la súa liberdade.
08-Guerra de clases: O noso primeiro tema, a nosa primeira letra, a sabia elección dun único camiño: Rock Proletario, marxismo-leninismo… ou morte.
09-Fillos da suor: O orgullo de pertencer a unha clase: o proletariado. Reflexo das nosas penalidades baixo o capitalismo e as nosas ilusións de vivir nunha sociedade sen clases, sen oprimidos nin explotados, sen opresores nin explotadores.
10-Stalingrado: Existen vitorias que xamais nos poderán ser arrebatadas. O fascismo sentirá pánico tan só ao oí-lo nome de Stalingrado, a primeira gran vitoria, logo virían outras moitas. Simplemente un himno, unha canción homenaxe á gran cidade vermella.
Podedes escoitar a canción que abre o cd a través desta ligazón:
FERROLGRADO 19.09.2008 A CORUÑA - O TEMPLE 04.10.2008
Do 15 ao 21 de setembro celebraráse en Ferrol a 6ª edición do festival autoxestionado Fervesteiro.
O día 19 de setembro e dentro das actividades musicais haberá un concerto con catro grupos e un dos catro seremos Mencer Vermello presentando o noso primeiro traballo КРАСНЫЙ РАССВЕТ.
O día 4 de outubro e organizado polasBAF CORUNHAtocaremos nun festival no Temple. Aquí tedes o cartaz provisional.
Despois de case un ano sen tocar en directo, retornamos aos escenarios nunha serie de concertos de presentación do noso primeiro cd КРАСНЫЙ РАССВЕТ.
Neste primeiro concerto, sábado 23 de agosto, achegámonos a Zamora convocados pola Plataforma Antifascista de Zamora. Organizan unha xornada de loita contra o racismo e a Xenofobia. Haberá un campionato de futbola sala, unha charla...e ao final unha festa concerto.
Nos vindeiros tres meses tocaremos en varias cidades e vilas do país, e como non, o primeiro destes concertos pola nosa xeografía será en Ferrolgrado a mediados de setembro. Tamén presentaremos o cd fóra de Galiza, por exemplo, en Cataluña.
O 12 de agosto de 1975 en Ferrol segábase dun xeito noxento e tráxico a vida dun mozo nacionalista que arelaba unha Galiza ceibe das gazoupas do franquismo. Moncho Reboiras Noia foi asasinado pola policía no numero 27 da rúa da Terra, despois de percorrer máis de 250 metros por tellados e rúas procurando fuxir do cerco sobre a casa na que vivía. Ao día seguinte dicía un veciño ás preguntas dun xornalista “ouvin tres rafagas de metralleta sobre as tres e cuarto da mañá...”.
Reboiras tivo un papel salientábel nos primeiros pasos do que se chamou a Fronte Obreira da Unión do Povo Galego e deulle pulo en distintos pontos de Galiza ás “Unións de Traballadores” (os xérmolos sindicais). Era unha persoa animosa, traballador infatigábel, que puña toda a súa vida a disposición do traballo político e social. Nunha publicación realizada co gallo do 2º aniversario da súa morte dicíase:
“Moncho foi un rapaz, como tantos outros do noso povo, que na loita cotián sempre firme, foise entregando intensamente á tarefa de afundirse cada día máis coas masas, de estender o marxismo-leninismo como única posibilidade de entender a Revolución Galega e de derrotar ao imperialismo colonialista e de ir construíndo os instrumentos políticos necesarios pra levar adiante a Liberación Nacional e Social de Galiza e a conquista do socialismo...”.
E engade, agora xa sobre a persoalidade de Moncho.
“Xosé Ramón Reboiras Noia naceu o 19 de xaneiro de 1950 en Imo, concello de Dodro nunha familia labrega que como tantas outras da nosa Patria tivo que se trasladar á cidade en percura de mellores condicións de vida. En Vigo e mentres o pai traballaba embarcado, Moncho estudaba bacharelato e atendía o bar que a súa familia puxera cos seus aforros, cun breve período de traballo como pinche na construcción cando tiña 15 anos...”. Titularíase na Escola de Enxeñería Técnica. Fai un cursiño de especialización en Barreras, onde perde a beca pola súa participación nos sucesos de 1972, e posteriormente traballa nunha auxiliar en Astano, en Ferrol, e en Intelsa na Coruña.
A primeira reunión da Fronte Obreira da UPG faríase na primaveira de 1973 en Ponte Vea, na estrada que une Santiago de Compostela e a vila de A Estrada. Participaron menos dunha ducia de persoas, a maioría de Vigo (varios da Citroën) e de A Coruña. Entre estes últimos o mesmo Reboiras que daquela vivía e traballaba en A Coruña como electricista.
A Fronte Obreira fora engrosada a aquela altura coa integración na UPG de Galicia Socialista, unha organización política con base principalmente entre os traballadores da Citroën en Vigo, e con algúns cadros de Organización Obreira, unha escisión do Partido Comunista. Aínda que a maioría destes últimos, fuxidos e algún detido despois da represión da folga xeral de setembro de 1972 en Vigo, incorporaríanse nos anos 1974 e 1975 a medida que foron saíndo de prisión (como Anxo García Méndez) ou retornando do exilio.
Estes “xermolos” colleron distintos nomes, segundo o boletín que lles servía para darse a coñecer, como: Adiante en Vigo, Xerme en Coruña, Obradoiro en Compostela, etc. No ano 1975 darían lugar ao nacemento da Unión de Traballadores do Ensino de Galiza (UTEG) e ao Sindicato Obreiro Galego.
Andando o tempo, e servindo esta estructura como eixo do nacente sindicalismo galego chegariamos ao que hoxe é a Confederación Intersindical Galega. Nesta angueira houbo integracións, unificacións e fusións. En 1977 fundouse a Intersindical Nacional Galega (ING), en 1980 a unificación coa Central de Traballadores Galegos (CTG) daría orixe á Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG), en 1982 a fusión coa Confederación Sindical Galega (CSG) consolidaría definitivamente ao sindicalismo nacionalista. A esta converxencia de forzas e arelas, nas que cada sindicato aportou militancia e experiencia, sumáronse varios sindicatos de sector: transporte, hostalería, sanidade, alimentación...
A seguinte é unha estrofa dun poema adicado a este mozo, nacionalista exemplar, militante sobranceiro.
Onte foi Vigo, Compostela e o Ferrol, ferro, libro e martelo, estudantes e obreiros, a forza liberadora de tanta porcallada, de tanto irracionalismo de tanto medo que nos deron unha espranza azul e limpa como o seu ollar, como as súas maus traballadoras das que naceu a palabra galega e popular que aínda sementa liberdade nos camiños.
Causa Galiza, entidade soberanista de esquerdas na que conflúen persoas, colectivos sociais e organizacións políticas comprometidas na defensa do dereito de autodeterminación do noso país convoca unha manifestación para o vindeiro 25 de xullo ás 13:30 na Alameda de Santiago D.C. por mor do Día da Patria Galega.
Xa está en activo a web e o foro do Rock Proletario Internacional. Desde hoxe, 10 de marzo de 2008 está operativo esta canle de comunicación entre os grupos que formamos o Rock Proletario Internacional e todas aquelas persoas, grupos ou demáis que queran información sobre todo o relevante a este movimento.
Non deixedes de participar no foro e de colaborar na web. Toda información que necesitedes e non atopedes na páxina ou aquelo que queirades perguntar, podedes facelo através de info@rockproletario.org, ou mediante o propio foro.
Podedes atopar a web traducida a tres linguas, galego, castelán e catalá. Ler máis...
NÚCLEO TERCO: A COMISIÓN DA ESTACA
A partir do vindeiro mes de marzo, os camaradas Núcleo Tercoterán na rúa o seu novo traballo, A comisión da estaca.
O mes de Marzo de 2008 é a data na que verá a luz o novo traballo de Núcleo Terco, titulado “La comisión de la estaca”. A comisión da estaca foi unha organización obreira galega, clandestina, que operou a principios-mediados dos 70. O clima político e social de Galiza podería gardar certos símiles coa realidade de hoxe en día, a crise no sector laboral desencadeou folgas nunha sociedade inmersa nos derradeiros coletazos dunha feroz dictadura fascista. Non había sindicatos de clase, non existía partido que representase aos traballadores, e foi a iniciativa de persoas dispostas a todo quen creou a comisión da estaca. Unha comisión que xurde como resposta ás humillacións diarias do proletariado, unha resposta á prepotencia dos esquirois, os falsos compañeiros, os trepas e os patróns. Se ben, a súa vida foi curta, a causa da integración dos seus membros noutras organizacións; quedámonos co seu exemplo, un traballador con conciencia de clase no seu centro de traballo, é a mecha que prenderá a chama. No canto ao contido do disco, 14 temas novos e a recuperación do tema xa publicado na maqueta “Stalingrado 1943”, “Comparte el dolor”. Un avance cualitativo no musical, con temas máis elaborados, moita máis forza e un son máis compacto é a primeira impresión. As letras dos temas, non baixaron o listón, emanan forza obreira, desde os temas basados en feitos históricos, “La larga marcha” sobre a heroica xesta do pobo Chino, “Acción de castigo” sobre a loita dos guerrilleiros antifascistas… até os máis actuais, os que tratan o noso día a día, “El mejor de los mundos posibles”, “…mal acaba” contra a ambigüedade e o cinismo, ou “Muertos sin nombre”, tema brutal sobre os accidentes de traballo, ou o que da título ao disco “La comisión de la estaca”, do que se inclúe unha versión en galego. Sabemos que a espera foi longa, tamén para nos, non obstante, cremos que valeu a pena. Agardamos que vos faga sentir toda arabia e a forza que pretendemos transmitir con él.
Ante a escalada da represión do Estado Imperialista Español contra as forzas que combaten o seu modelo capitalista e uniformizador , o grupo de música Mencer Vermello, que forma parte do... Rock Proletario Internacional, quer facer público a súa total solidariedade con todas as persoas detidas por formar parte do independentismo revolucionario e/ou comunismo. Queremos mandar un forte saúde aos dous compañeiros do grupo Oliba Gorriak, Eneko e Ezquerra, detidos xunto con outros mozos durante un novo capítulo da represión que padece Euskal Herria. Como non, tamén saudar a Luís Fernández “Che” e a Carlos Cela, afortunadamente o primeiro xa está na casa, que canda outros membros do S.R.I. foron detidos polo simple feito de exercer a solidariedade. Finalmente, mandamos unha aperta xeneralizada a todas as presas e presos independentistas e/ou comunistas que resisten nos cárceres do capital.
Adiante na loita! Solidariedade coas presas e presos! Viva Galiza Ceibe e Socialista!
Aquí amosamos ao todo o mundo como soa o noso himno. Os grandes Mini e Mero se prestan nesta ocasión para interpretar dunha maneira curiosa o noso himno, O Himno Galego.
Aquí temos ao gaiteiro Victor Agulló que subido a bordo do Hidria II, o barco da memoria, e xunto á xente que se atopaba no peirao, e en galego, interpretan o Himno do Proletariado, A Internacional.
Aquí amosamos dúas ligazóns moi interesantes sobre a realidade de Cuba e Venezuela en imaxes e outros tipos de arquivos.
Por un lado temos Venezuela en videos, que como eles mesmos nos din é un sitio adicado á divulgación da realidade venezolana a través de arquivos de videos. O seu obxectivo é romper o cerco mediático que distorsiona a verdade e mostra ao mundo unha imaxe falsa do proceso revolucionario que lidera o presidente constitucional da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Rafael Chavéz Frías.
E polo outro lado temos Cubainformación, que é un proxecto de información alternativa sobre Cuba basado en catro soportes: televisión por Internet, radio, revista en papel e web de noticias.
Cubainformación é unha ferramenta do Movemento de Solidariedade con Cuba para informar sobre a realidade deste país, incidindo especialmente nos aspectos que de unha maneira sistemática silenzan, censuran ou manipulan os grandes medios de comunicación internacionais.
Acción Proletaria é un grupo formado no ano 2004 por 5 mozos de ideoloxía marxista-leninista. Despois dunha ruptura no 2006, o grupo volve recentemete a comezar a súa andaina cunha nova formación e novas metas.
Eles mesmos dín que ante a actual oleada de anticomunismo, a alienación masiva nas capas populares e demáis miserias do neoliberalismo, consideran necesario a difusión das ideas proletarias en todos os frentes.
INSTRUMENTO DE GUERRA INSTRUMENTO DE REBELIÓN CANTICOS DE REVOLUCIÓN
Participa na MANIFESTACIÓN convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol. O próximo DOMINGO, 30 de setembro, ás 12 HORAS no PEIRAO DE FERROL.
1º Ao Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.
2º Á Xunta de Galicia para que renuncie á herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.
3º Ao Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.
4º Ao Concello de Mugardos, para que revise as licenzas, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.
Aqui tedes unha nova entrevista. Desta volta tócalle á banda colombiana de Rock ProletarioJusticia Roja.
Na entrevista falan entre outras cousas da banda, da situación política na Colombia actual, do Rock Proletario e de moitos temas máis. Non o dubidedes e pasade a ler aentrevista.
Recollemos aquí unha ligazón a un artigo adicado á vida e á obra de Suso Vaamonde publicado fai hoxe un ano na webEstoutras Notas Políticas.
O artigo fala do Suso músico e ademáis do Suso loitador: "Afortunadamente algúns entenden a música como algo alén do simples purismo musical, teñen na música unha ferramenta de luita. Luita por este País, luita Internacionalista, luita polas clases traballadoras...O Suso era un destes". Engádese tamén unha entrevista.
Non deixedes de ler este artigo sobre Suso Vaamonde, que como dixo no seu tempo o gran político e poeta Manuel María foi a "Persoa máis representativa na historia da música do noso país".
Fixéronlle, como era de agardar, moitas homenaxes, como a de Salvaterra do Miño co gallo da inauguración dunha rúa co seu nome, pero houbo unha moi especial, a que lle fixeron o 12 de novembro do ano 99, tamén en Salvaterra do Miño, e na que el mesmo participou. Tomaron parte naquela homenaxe A Quenlla, Muxicas, Bieito Romero (Luar na Lubre), Emilio Cao, Uxía Senlle, Tino Baz, Saraibas, As Cantareiras do Berbés, María Manuela, A Roda, X.L. Méndez Ferrín, Bernardino Graña, A Roda, Pilocha, Treixadura, Folia do Baixo Miño, Pepe Cácamo e moitos outros.
Podedes escoitar de seguido, Como un irmao che falo, tocada aquela noite por A Quenlla. O son non é moi bo xa que é unha gravación orixinal daquela noite.
E como non, o Suso solidario, o Suso reinvindicativo percorrendo todo o país. Aquí o tedes na nosa cidade, alá polo ano 85 no pavillón da Malata, no Festival de Solidariedade cos Traballadores de Astano.
Desde aquí, a nosa pequena homenaxe a esa gran persoa, a ese granmúsico, a ese gran loitador que foi Suso Vaamonde.
Desde hoxe cada vez que queras escoitar música ao mesmo tempo que lle botas unha ollada á nosa web, podes facelo. Preme na imaxe que tes na columna da túa esquerda...
...para acceder á nosa radio blog, onde poderás escoitar as nosas cancións e ademais temas de grupos que practican o Rock Proletario e outros grupos políticamente comprometidos, como a xente de Trapallada ou os xa desaparecidos Xenreira. Ler máis...
Esta Rede responde á necesidade de dar cumprimento ao mandato da Asemblea plenaria do Encontro Mundial de Intelecuais e Artistas na Defensa da Humanidade, celebrada en Caracas o día 6 de dezembro de 2004, que congregou a representantes de 52 países e diversas culturas.
Nesta Asemblea coincidiuse en facer unha ofensiva mediante accións concretas de loita, entre as que se atopan, crear unha rede de redes de información, acción artística cultural, coordenación e movilización que vincule a intelectuais e artistas cos Foros Sociais e as loitas populares e garante a continuidade destes esforzos e a súa articulación nun movemento internacional "Na defensa da humanidade".
Nesta web podedes atopar centos de canciónsrevolucionarias coas súas letras, música e partituras. Tamén ofrecen poesía, noticias, artigos, software e outras moitas cousas de interese.
O vindeiro sábado día 14 de xullo desprazámonos a Guadalajara. Tocamos nun concerto que forma parte dunhas xornadas de apoio ao Colectivo Editorial La Pelona. Quen se encarga de organizar as xornadas é oCentro Social Octubre.
No concerto participan ademáis os grupos Taquicardia, Makisards, Kommintern(Caeron do concerto Mossin Nagant) e Proyecto Kostradamus.