MENCER VERMELLO, КРАСНЫЙ РАССВЕТ

Por fin, e tras un pequeno atraso de imprenta, o CD xa está na rúa. A edición correu a cargo de Mai Morirem e RedStar73 que fixeron un estupendo traballo. Sae á venda en formato digipack, con libreto de 12 páxinas a toda cor e ao prezo de 10 euros.


O título que eliximos é КРАСНЫЙ РАССВЕТ, é dicir, Mencer Vermello en ruso, e claro, preguntarédesvos, por que en ruso? Pareceunos interesante pola sinxela razón de facerlle un chisco a unha parte do mundo que iluminou durante décadas o pensamento e a dirección do movemento comunista internacional. É a nosa modesta homenaxe ao primeiro Estado Socialista da Historia: a Unión Soviética.


Incluímos dez temas cargados de rabia, forza e contundencia seguindo o noso propio estilo: temas rápidos combinados con temas a medio tempo cunha boa melodía e unha potente agresividade nas voces. Un bo son e un bo reflexo do que facemos en directo, nin máis nin menos.


A continuación facémosvos un pequeno comentario sobre os temas que gravamos nos estudos Treboada (A Coruña):

01-Contrarrevolucións de veludo: Canción que fala sobre os acontecementos que precederon á “caída” do muro contra o fascismo, e a posterior desintegración da URSS e o bloque socialista, da colaboración da calaña revisionista na sabotaxe permanente ao servizo do imperialismo e da reacción mundial.

02-Semente de Vencer: A loita do pobo galego, co proletariado á fronte, pola independencia nacional e o socialismo. Pola ruptura deste cárcere de pobos que é o estado imperialista español, por unha República Popular Socialista Galega.

03-Golpe Final: Nestes tempos é necesario recordar unha vez máis a quen deu a cara contra o fascismo, a quen o combateu a vida ou morte, a millóns de asasinados que viron por fin cumprida a súa vinganza coa derrota e capitulación de Berlín, coa morte covarde de Hitler que preferiu suicidarse antes que enfrontarse aos pelotóns de fusilamento soviéticos ou de sufrir o mesmo destino que o do seu antigo camarada Mussolini, colgado polos pés e exhibido ante o pobo.

04-Ollo por ollo: A loita é o único camiño posible para a clase traballadora e os pobos oprimidos, avivemo-las barricadas, devolvamos tódolos golpes.

05-Soldados da Historia: Homenaxe á heroica guerrilla antifascista. As mulleres e homes que loitaron e entregaron o seu sangue, sempre serán recordados.

06-Samesugas: Simplemente unha declaración de guerra contra os explotadores, contra a burguesía, contra os inimigos do pobo.

07-Non nos iremos: Baseado nun poema do palestino Tawfig Az-Zayad. O título o di todo: un pobo que non se resigna ao exterminio, un pobo que loita con tódolos medios ao seu alcance por acada-la súa liberdade.

08-Guerra de clases: O noso primeiro tema, a nosa primeira letra, a sabia elección dun único camiño: Rock Proletario, marxismo-leninismo… ou morte.

09-Fillos da suor: O orgullo de pertencer a unha clase: o proletariado. Reflexo das nosas penalidades baixo o capitalismo e as nosas ilusións de vivir nunha sociedade sen clases, sen oprimidos nin explotados, sen opresores nin explotadores.

10-Stalingrado: Existen vitorias que xamais nos poderán ser arrebatadas. O fascismo sentirá pánico tan só ao oí-lo nome de Stalingrado, a primeira gran vitoria, logo virían outras moitas. Simplemente un himno, unha canción homenaxe á gran cidade vermella.



Podedes escoitar a canción que abre o cd a través desta ligazón:



Editado e distribuido por Mai Morirem e Redstar73.

Descargar presentación: galego castellano euskara catalá

Letras do cd: galego castellano euskara
catalá

























ecoestadistica.com
Web feita nunha resolución de 1024x768
Hoxe é